Inicio Galicia A Xunta adxudica a execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no...

A Xunta adxudica a execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no Concello de Monterrei

0

A actuación, adxudicada por un importe de case 150.000 euros, comezará no vindeiro mes de agosto e terá un prazo de execución de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no Concello de Monterrei.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Misturas Obras e Proxectos S.

A por un importe de case 150.000 euros.

Os traballos comezarán no vindeiro mes de agosto e terán un prazo de execución de 6 meses.

O itinerario desenvolverase na estrada autonómica OU-143, cuxo trazado coincide no seu percorrido co discorrer da Vía da Prata, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1+460 e 1+800.

A nova senda facilitará os desprazamentos cotiás dos veciños desta contorna dun xeito máis sustentable, cómodo e seguro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre