Inicio Galicia A Xunta adxudica a execución dun centro de transformación para dotar de...

A Xunta adxudica a execución dun centro de transformación para dotar de subministro eléctrico o sistema de saneamento de Veiga Grande, en Cerdedo- Cotobade

0

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de máis de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de tres meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a execución dun centro de transformación para dotar de subministro eléctrico o sistema de saneamento de Veiga Grande, en Cerdedo Cotobade.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Uncisa Construcciones e Infraestructuras S.

A por un importe de máis de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de tres meses.

Augas de Galicia vén de solicitarlle á empresa eléctrica o establecemento do servizo que dote do abastecemento necesario o sistema de saneamento e depuración ubicado no lugar de Veiga Grande.

Para dispoñer o citado subministro eléctrico, é necesaria a execución dun centro de transformación cos elementos e proteccións correspondentes, que levará a cabo a Xunta a través das obras adxudicadas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre