Inicio Galicia A Xunta adxudica a execución das obras de mellora do saneamento no...

A Xunta adxudica a execución das obras de mellora do saneamento no núcleo de Lousada, no concello de Mondoñedo

0

Os traballos, adxudicados por un importe de preto de 44.000 euros, contan cun prazo de execución de 2 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a execución das obras de mellora de saneamento no núcleo de Lousada, no concello de Mondoñedo.

Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Isidro Otero S.

L. por un importe próximo aos 44.000 euros, cun prazo estimado de execución de 2 meses.

A actuación de Augas de Galicia busca resolver os problemas actuais, a causa da orografía en pendente neste núcleo de poboación, que impiden realizar unha conexión adecuada das acometidas das vivendas próximas, e dotar de servizo de evacuación de augas residuais.

As obras incluídas neste proxecto consisten na instalación de 300 metros de tubaxe, así como a reposición de acometidas e modificado do trazado. Ademais, modificarase o trazado de colector de saneamento e colocaranse dúas arquetas de entronque.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén o apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficiente os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre