Inicio Galicia A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-214,...

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-214, ao seu paso polo concello de Pontecesures

0

Esta intervención, cun orzamento de máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución duns dous meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de construción dunha senda peonil na estada autonómica PO-214, ao seu paso concello de Pontecesures.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Excavaciones y Obras Melchor SL., por un importe de máis de 48.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de dous meses.

Executarase un itinerario para tránsito peonil seguro na marxe dereita desta estrada, entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+860. Este treito actualmente non conta con zona de circulación peonil independente do tráfico rodado.

Trátase dunha senda de algo máis de 200 metros de lonxitude, cun ancho de 1,80 metros e elevada 10 centímetros sobre a calzada, con pavimento de formigón reforzado con mallazo. No contacto coa calzada dispoñeranse bordos de formigón.

Segundo recolle o proxecto, na parte que linda cos peches existentes dispoñerase un bordo de xardín para separar a senda destes e conter o recheo, a excepción do tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+757 e 0+860, no que debido á cota á que discorre o terreo actual considerouse máis adecuado dispoñer uns bloques baixo a senda.

Ademais, entre o bordo que delimita a senda e a propia calzada executarase unha pequena beiravía de formigón, cuxo ancho variará en función do espazo que se dispoña en cada punto.

Finalmente, modificarase a rede de pluviais para adaptala á senda que se constrúe.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre