Inicio Galicia A Xunta adxudica a construción dunha senda na estrada PO-309, en Portosanto,...

A Xunta adxudica a construción dunha senda na estrada PO-309, en Portosanto, no Concello de Poio, para incrementar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade dos veciños

0

Esta actuación, cun investimento de máis de 48.000 euros e un prazo dunhas tres semanas, comezará o vindeiro mes sempre que as condicións climatolóxicas sexan as axeitadas

A Xunta vén de adxudicar o contrato das obras de construción dunha senda na estrada PO-309, en Portosanto, no Concello de Poio, co fin de incrementar a seguridade e favorecer a mobilidade dos veciños.

Esta actuación, que se desenvolverá entre os puntos quilométricos 0+150 e 0+550 da citada estrada autonómica, foi adxudicada á empresa Covsa e contará cun investimento de máis de 48.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o inicio o vindeiro mes destas obras, cun prazo de execución dunhas tres semanas, sempre que as condicións climatolóxicas sexas as axeitadas.

A senda, cunha lonxitude duns 400 metros, permitirá conectar dun xeito máis seguro a Avenida Peirao Besada coas vías locais Avenida Colón, Camiño das Bocas e Camiño Pateira, favorecendo a conexión de servizos e equipamentos como a escola infantil, o Museo Colón ou as instalacións deportivas.

Estas obras, derivadas do Plan de sendas de Galicia nesta comarca, céntranse na mellora de seguridade relativa aos movementos de peóns que cruzan este tramo de estrada.

Para isto, a intervención incluirá a mellora da iluminación na estrada, a protección dos pasos de peóns e a extensión nunha das beiravías dun microaglomerado pintado para as persoas que percorran lonxitudinalmente a estrada.

Cómpre lembrar que os traballos descritos están enmarcados dentro do programa operativo FEDER 2019-20.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre