Inicio Galicia A Xunta adxudica a construción dun novo colector de augas residuais na...

A Xunta adxudica a construción dun novo colector de augas residuais na parroquia de Trasariz, en Cenlle, para mellorar o sistema de saneamento

0

Estas actuacións, adxudicadas por case 33.000 euros, teñen un prazo de execución de tres meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras de construción dun novo colector de augas residuais na parroquia de Trasariz, no Concello de Cenlle, para mellorar o sistema de saneamento.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Almacenes Manuel Viso e Hijos S.

L. por un investimento de case 33.000 euros, teñen un prazo de execución de tres meses.

O proxecto ten como obxectivo acometer outro colector novo para substituír a actual infraestrutura, que presenta deficiencias que impiden o seu correcto funcionamento.

A intervención inclúe a restauración ambiental na zona final do colector existente, na contorna do sistema de depuración.

Entre os traballos contemplados, proxéctase a construción dun marco para permitir o desaugue das augas pluviais e a instalación dun pequeno embarcadoiro no lugar que tradicionalmente foi utilizado para o uso de embarcacións fluviais.

A Xunta continúa a colaborar cos concellos galegos para resolver carencias en materia de infraestruturas hidráulicas e proporcionar uns sistemas de saneamento e abastecemento axeitados ás necesidades reais dos cidadáns.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre