Inicio Galicia A Xunta adxudica a construción da estación de tratamento de auga potable...

A Xunta adxudica a construción da estación de tratamento de auga potable da Plisan por máis de 4,7 millóns de euros

0

A empresa adxudicataria terá un prazo de dez meses para a execución da obra e o contrato tamén inclúe a posta en funcionamento e explotación durante doce meses

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar as obras de construción da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da Plataforma Loxístico Empresarial de Salvaterra-As Neves (PLISAN).

A obra foi adxudicada por importe total de 4.716.514,19 euros á UTE formada por Espina e Delfín Obras Hidráulicas e Construcións Ramón Vázquez Recio.

O prazo para a construción será de dez meses e o contrato inclúe tamén a posta en marcha e explotación da Etap durante un período de doce meses.

Cómpre lembrar que o IGVS tamén adxudicou a redacción do proxecto e execución de obras da Estación de depuradora de augas residuais (EDAR) para a 1ª fase, por importe de 3,13 millóns de euros.

Pola súa parte, a Zona Franca adxudicou a urbanización interior da zona Loxística Empresarial (LE), por importe de 12,26 millóns de euros. O proxecto contempla a urbanización dunha superficie de 536.548 m², dos que 206.714 corresponden a parcelas de uso lucrativo e 65.860 a equipamentos. O resto corresponde a viais, aparcamentos, espazos libres e zonas verdes.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Desta maneira, na PLISAN hai actualmente obras adxudicadas por importe de máis de 20 millóns de euros, que se iniciarán en canto se dispoña da autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. 


- Te recomendamos -