Inicio Galicia A Xunta adxudica a actualización do proxecto de mellora de accesibilidade ao...

A Xunta adxudica a actualización do proxecto de mellora de accesibilidade ao coto de pesca Xallas?Beba, nos concellos de Dumbría e Mazaricos

0

Este contrato, cun investimento autonómico duns 6.500 euros, desenvolverá dous proxectos construtivos coas solucións en cada municipio para a rehabilitación dos antigos pasos de pescadores

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a actualización do proxecto de mellora de accesibilidade ao coto de pesca de Xallas-Beba, nos concellos de Dumbría e Mazaricos.

Este contrato, cun investimento autonómico dun 6.500 euros, foi adxudicado á empresa Serye Ingenieros, S.

L.

Esta iniciativa do organismo hidráulico da Xunta parte do proxecto conxunto existente de mellora de accesibilidade ao coto Xallas-Beba e o seu obxectivo é dar solución aos antigos pasos de pescadores deste coto, cunha actualización naqueles aspectos que sexan necesarios.

Trátase de resolver o deficiente estado actual dos pasos de pescadores para o beneficio, tanto das persoas encargadas da vixilancia do coto, como dos propios pescadores. Por iso, dentro do marco do acordado no seu día, este contrato permitirá a elaboración de dous proxectos construtivos, un para a mellora da accesibilidade a este coto na zona do concello de Dumbría e outro para a contorna do mesmo no municipio de Mazaricos.

Os traballos contratados deberán recoller as solucións para a substitución dos pasos existentes por unhas novas estruturas. Tamén para dar cumprimento á petición do club Salmo de mellorar os servizos do coto, o proxecto construtivo incluirá a habilitación dun espazo na marxe esquerda do río Beba, que permita contar cun espazo adecuado para facilitar a pesca a persoas con mobilidade reducida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre