Inicio Galicia A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas...

A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no concello de Vigo

0
image_gallery.jpg

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial


A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) realizou esta mañá o sorteo para adxudicación dun total de 33 vivendas de promoción pública (VPP) de nova construción no Concello de Vigo, que actualmente están en proceso de construción na rúa Ignacio Grobas 19.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto ao xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, José Manuel González González, e a xefa de área provincial do IGVS, María Martínez Allegue, foi a encargada de presidir este sorteo de asignación que se celebrou na Delegación Territorial, ante notario e a porta cerrada, por recomendación das autoridades sanitarias por mor da Covid-19.

As 33 vivendas sorteáronse entre os demandantes que a data de hoxe estaban inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia ou tiveran solicitada a inscrición. Atendendo á superficie dos inmobles, as dúas vivendas de dous dormitorios contabilizaban 3.938 candidatos; 347 as 25 vivendas de 3; 150 as catro de catro dormitorios e 54 as dúas vivendas adaptadas para mobilidade reducida de tres dormitorios.

Cada vivenda leva vinculada unha praza de garaxe e un rocho.

NÚMERO DE VIVENDAS

NÚMERO DE DORMITORIOS

SUPERFICIE ÚTIL APROXIMADA m2

2

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre