Inicio Galicia A Xunta adiantará un investimento de 400.000 euros para a mellora do...

A Xunta adiantará un investimento de 400.000 euros para a mellora do firme da estrada LU-170 entre Cabreiros e Momán, no Concello de Xermade

0

O departamento de Infraestruturas tramita a redacción deste proxecto de renovación da capa de rodadura e mellora da seguridade viaria para a súa execución en 2021

A Xunta adiantará un investimento de 400.000 euros para a mellora do firme da estrada autonómica LU-170 entre Cabreiros e Momán, tal e como avanzou hoxe o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, na súa intervención na Comisión 2ª no Parlamento de Galicia.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas fixo hoxe unha radiografía completa do estado actual desta vía autonómica que comunica as localidades de Parga e Cabreiros, incidindo nas actuacións en marcha e nas xa realizadas, así como nos proxectos de acondicionamento do treito entre Xermade e Cabreiros.

Concretou que o seu departamento está a tramitar a redacción dun proxecto de mellora do firme coa disposición dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e de mellora da seguridade viaria, mediante a execución de cunetas de seguridade, para a súa execución o antes posible no 2021.

Destacou que a Xunta ten, ademais, redactado un proxecto ambicioso e viable para actuar no tramo comprendido entre as proximidades do parque empresarial de Xermade e Cabreiros, que suporá un investimento de 1,9 millóns de euros. Un proxecto, dixo, que agarda poida ser financiado coas liñas de actuación que o Estado lle propoña á Unión Europea para os fondos de reconstrución.

Con este proxecto actuarase nunha lonxitude de 5.100 metros, co obxecto de ampliar ata os 7 metros a plataforma da estrada. Ao longo do tramo actuarase de forma puntual nas interseccións coas vías públicas xa existentes.

Con respecto a esta actuación, Francisco Menéndez, fixo fincapé no proxecto anteriormente redactado de acondicionamento da estrada entre Momán e Cabreiros, de 9,2 millóns de euros, afectado no seu desenvolvemento por mor da crise económica e a necesidade de concentrar os recursos na educación e na sanidade. Neste sentido, lembrou a realidade do momento e o agravamento da mesma pola débeda herdada do Goberno bipartito, que deixou ao departamento de infraestruturas unha débeda de preto de 4.000 millóns de euros, que sigue limitando hoxe os recursos dispoñibles.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas fixo fincapé nas actuacións que se veñen desenvolvemento nesa zona da provincia de Lugo en materia de estradas, cunha importante actuación en execución na autovía AG-64, por un importe de máis de 1 millóns de euros para a rehabilitación estrutural do firme. Esta autovía ten unha intensidade de tráfico de máis de 6.000 vehículos ao día, cunha especial relevancia no tránsito de vehículos pesados, de máis do 13%.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre