Inicio Galicia A Xunta adapta a Convención dos Dereitos do Neno ao galego e...

A Xunta adapta a Convención dos Dereitos do Neno ao galego e por tramos de idade para facilitar a súa comprensión

0

As adaptacións fixéronse en tres tramos de idade, para as nenas e nenos de 6 a 8 anos, para os de 9 a 12 e para os de 13 a 18

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que a Xunta, en colaboración coa Plataforma de Organizacións Infantís, adaptou a Convención dos Dereitos do Neno ao galego e tamén por tramos de idade para facilitar a súa comprensión. Díxoo durante o acto de conmemoración polo 30 aniversario deste documento que se celebrou hoxe en San Caetano aproveitando a efeméride do Día Mundial da Infancia.

Esta adaptación do Convención do Dereitos do Neno por tramos de idade realizouse coa finalidade de que todas as persoas, pequenos e maiores, poidan entender o que o texto recolle. As modificacións fixéronse, concretamente, para tres tramos de idade, para as nenas e nenos de 6 a 8 anos, para os de 9 a 12 e para os de 13 a 18.

Fabiola García gabou o traballo que realizan a diario a favor das nenas e nenos as asociacións que forman parte da plataforma. Neste sentido, salientou os avances acadados e garantiu o apoio do Goberno galego para continuar atendendo as necesidades das nenas e nenos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre