Inicio Galicia A Xunta activará unha nova liña de préstamos para apoiar ás empresas...

A Xunta activará unha nova liña de préstamos para apoiar ás empresas auxiliares do sector naval

0

Feijóo destaca que se facilitará a concesión de préstamos comprendidos entre os 50.000 e 1M€ e que estes contarán cun prazo de amortización de 5 anos

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da aprobación dunha nova liña de préstamos para apoiar ás empresas auxiliares do sector naval. O obxectivo, dixo, é apoiar a esta industria, que conta coa 2ª maior carteira de pedidos de toda Europa.

Estas axudas, aseverou, facilitarán o financiamento ás empresas da industria auxiliar naval que poidan estar sufrindo atrasos nos pagos debido ás dificultades que atravesan determinados estaleiros galegos. Tal e como subliñou, estarán incluídas no programa de préstamos directos para o financiamento que ten activo o Igape, cun orzamento conxunto de 36 M€ ata 2021.

Ademais, ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta explicou que grazas a esta liña facilitarase a concesión de préstamos comprendidos entre os 50.000 e 1M€ e indicou que estes contarán cun prazo de amortización de 5 anos.

A ese respecto, sinalou que a previsión é que os apoios melloren a situación financeira dos provedores de bens e servizos dos estaleiros. Do mesmo xeito, Feijóo adiantou que se abrirá inmediatamente o prazo para presentar as solicitudes e seguirá aberto ata finais de 2020.

Por último, o presidente da Xunta lembrou que o Goberno galego leva apostando pola industria naval desde 2009, momento no que o sector atravesaba importantes dificultades. Fíxoo, dixo: “loitando por Navantia estivese quen estivese no Goberno central, solucionando o problema do Tax Lease e intentando buscar máis pedidos”. Tamén, destacou, coa Axenda Galicia demandando carga de traballo polo baleiro de actividade xerado polo atraso dos contratos das fragatas F-110. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre