Inicio Galicia A Xunta activa mañá a alerta laranxa por neve na montaña de...

A Xunta activa mañá a alerta laranxa por neve na montaña de Lugo e Ourense

0

Agárdanse acumulacións de ata 20 centímetros por riba dos 1.000 metros


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar para mañá a alerta laranxa por neve na montaña de Lugo e Ourense.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta por neve comezará a partir de primeiras horas de mañá, luns 16 de decembro. Agárdanse acumulacións de ata 20 centímetros por riba dos 1.000 metros.

Ademais, en Galicia segue vixente a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral, con mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros que poden acadar temporalmente os 7 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

No caso de nevaradas, recoméndase evitar as viaxes en automóbil sempre que non sexan necesarias e levar sempre o depósito cheo. Tamén se recomenda usar a roupa e calzado axeitado, evitar que persoas maiores saian á rúa e ter a man lanternas e cadeas.

Debido ao temporal costeiro, recoméndase permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso evitar aproximarse a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Ademais, é recomendable consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal) , que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre