Inicio Galicia A Xunta activa este mediodía a alerta laranxa por tormentas e choiva...

A Xunta activa este mediodía a alerta laranxa por tormentas e choiva na montaña de Ourense

0

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións e consultar a súa web www.axega112.gal


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir das 13 horas desta tarde a alerta laranxa por tormentas e choiva na zona da Montaña de Ourense.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderanse producir precipitacións acumuladas de ata 30 mm nunha hora.

Na zona do Miño, Sur e Valdeorras estará tamén activado un aviso amarelo por tormentas e choivas durante a xornada de hoxe.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Aconséllase extremar as precaucións e consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre