Inicio Galicia A Xunta activa esta tarde a alerta laranxa por tormentas no centro...

A Xunta activa esta tarde a alerta laranxa por tormentas no centro e na montaña de Lugo

0

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións e consultar a súa web www.axega112.gal


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir de primeiras horas desta tarde a alerta laranxa por tormentas nas zonas da Montaña e do centro de Lugo. No sur de Lugo e a Mariña e no noroeste e interior da Coruña estará activado o nivel amarelo. As tormentas poden ir acompañadas de choivas, saraiba, e refachos de vento fortes.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Aconséllase extremar as precaucións e consultar a páxina web do CAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre