Inicio Galicia A Xunta activa esta tarde a alerta laranxa por temporal costeiro na...

A Xunta activa esta tarde a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

0

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro con mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros e ventos de forza 8


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro na costa da provincia da Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo a media tarde de hoxe no noroeste e no oeste do litoral da Coruña estendéndose a primeira hora da madrugada ao oeste da provincia, por mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros e ventos de forza 8.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre