Inicio Galicia A Xunta activa esta mañá unha alerta laranxa por fortes ventos no...

A Xunta activa esta mañá unha alerta laranxa por fortes ventos no noroeste da provincia da Coruña

0

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro mar adentro con ventos de forza 8


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral noroeste da provincia da Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo en torno ás 12 h desta mañá no noroeste do litoral da Coruña ,mar adentro , con ventos do este e nordés de forza 8 Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre