Inicio Galicia A Xunta activa a solicitude de transporte a demanda a través da...

A Xunta activa a solicitude de transporte a demanda a través da aplicación bus.gal e inicia a pilotaxe do pago por móbil

0

A directora da Amtega e o director xeral de Mobilidade presentaron hoxe as novas funcionalidades da app do transporte público de Galicia

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ignacio Maestro, o director de IT, Información, Procesos e Operacións de Abanca, José Manuel Valiño; e do delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe as novas funcionalidades da aplicación e do portal de Transporte Público de Galicia, bus.gal.

Desde hoxe os usuarios do transporte público por estrada poden solicitar online, desde un pc ou desde o seu dispositivo móbil, servizos de transporte á demanda en calquera das localidades nas que está dispoñible. Ademais, tanto no portal como na app, atoparán información actualizada dos servizos entre localidades das máis de 1.400 liñas de autobús que integran a oferta de transporte público por estrada.

Outra das novas funcionalidades da aplicación é o seguimento en tempo real das rutas dos autobuses, unha opción que está xa operativa para os usuarios das 273 liñas de autobús da área metropolitana de Coruña e que se estenderá ao resto dos viaxeiros a medida que as empresas concesionarias envíen a información ao Centro de Mobilidade de Galicia.

Leer más:  El PSdeG, con Besteiro ya proclamado secretario general, mueve su congreso del sábado 27 al domingo 28 de abril

Os responsables da Xunta e de Abanca anunciaron, tamén, que o pago por móbil inicia a súa andaina na Coruña, nunha das liñas de transporte metropolitano desta área, onde durante dous meses se pilotará a solución desenvolta pola entidade bancaria. Tras este período, a nova modalidade de pago estenderase progresivamente naqueles autobuses que teñan adaptadas as súas canceladoras.

Estas medidas forman parte da folla de ruta que establece o Plan de Modernización Tecnolóxica da Mobilidade en Galicia, e-Mobility, que están a desenvolver a Amtega e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para impulsar a dixitalización do sistema concesional de transporte que dá servizo a uns 20 millóns de viaxeiros anuais con máis de 1.000 autobuses, 1.419 liñas e 14.140 paradasPlan eMobilityO Plan eMobility ten como obxectivos xerais a dixitalización integral de todos os procesos de xestión e tramitación por parte dos operadores e o desenvolvemento de novos servizos para os usuarios.

Entre as liñas de traballo establecidas no plan está a monitorización en tempo real das rutas de transporte público por estrada para deseñalas e planificalas dun xeito máis eficiente e adaptadas ás necesidades dos viaxeiros. Ademais, dixitalizaranse todos os procesos de xestión e tramitación da oferta de transporte por parte dos operadores, que terán á súa disposición unha Oficina Virtual do Transporte.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

O Plan foi aprobado en 2017 polo Goberno galego, cun investimento previsto de máis de 6,6 millóns de euros ata o 2020. Esta iniciativa desenvólvese en coordinación co traballo que está a realizar a Consellería para a reorganización do transporte de pasaxeiros por estrada e que culminará coa aprobación en 2019 do Plan de Transporte Público de Galicia.

O Consello da Xunta aprobou recentemente as directrices xerais dese Plan, que renovará todas as liñas de autobús regular interurbano da Comunidade a partir do ano 2019. Trátase dunha planificación que ten por obxectivo aproveitar a caducidade das actuais concesións de servizos de autobús para dotar a Galicia dun sistema de transporte público renovado e moderno para responder con maior eficacia ás necesidades de mobilidade da sociedade do século XXI. Procúrase facer extensivo un modelo que resulte máis útil para os cidadáns, máis sustentable desde o punto de vista ambiental e eficiente desde a perspectiva económica.

En agosto de 2017 iniciouse esa renovación coa posta en marcha da primeira fase deste Plan de transporte, que permitiu implantar xa as novas modalidades de prestación dos servizos: o autobús compartido e o transporte baixo demanda. A comezos do ano 2019 a Xunta someterá a información pública os novos mapas de liñas de autobús que apostarán por ampliar a aplicación desas formas de transporte novidosas, que permiten aumentar notablemente as posibilidades de mobilidade do medio rural.

Leer más:  El gobierno de Lugo defiende que los recursos del incendio en O Ceao fueron "suficientes", aunque "todo es mejorable"

- Te recomendamos -