Inicio Galicia A Xunta activa a nova liña de préstamos destinada ao sector turístico...

A Xunta activa a nova liña de préstamos destinada ao sector turístico para reforzar o impacto económico do Xacobeo 2021

0

Os Instrumentos Financeiros Innovadores (IFI) incorporan un novo programa destinado aos establecementos de aloxamento, que complementa os xa activos de apoio aos investimentos en Industria 4.0, emprendemento e innovación


A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar a través do Igape o novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFI) dirixido ao sector turístico, mediante o que se potenciará a actualización e a preparación dos establecementos de aloxamento para o Xacobeo 2021 para reforzar así o seu impacto económico na economía galega.

A nova liña de axudas, da que se publica hoxe a primeira convocatoria, forma parte dos préstamos IFI, cofinanciados ao 80% con fondos Feder, e que contan no seu conxunto cunha dotación de 27,1 millóns de euros. Os IFI Tur impulsarán investimentos na creación e mellora das instalación de hoteis, pensións, cámpings e establecementos de turismo activo e rural.

Os préstamos, comprendidos entre 50.000 e 1 millón de euros, contarán cun prazo máximo de amortización de 12 anos e incluirán unha subvención equivalente á rebaixa dos custos financeiros a pagar polos beneficiarios, que poderían quedar no 0%. Os préstamos IFI Tur poderán abarcar ata o 65% do investimento a realizar polas empresas. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde mañá ata o 31 de decembro de 2019.

Esta liña vén reforzar os instrumentos integrados no Plan de financiamento activado polo Goberno galego e que reforzará este ano 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes grazas a un orzamento de 100 millóns de euros. Con esta achega, a Consellería de Economía, Emprego e Industria prevé mobilizar máis de 290 millóns de euros a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, o crecemento das pequenas e medianas compañías no ámbito da Industria 4.0 e o apoio ás actividades de innovación. Entre as novidades que inclúe o plan, ademais dos IFI Tur, destaca a nova liña de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos, destinada a iniciativas de entre 1,5 e 10 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre