Inicio Galicia A Xunta activa a nova liña de axudas para a fabricación de...

A Xunta activa a nova liña de axudas para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a Covid-19 nos eidos laboral e sanitario

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa dotada con 5 millóns de euros que impulsará a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico e equipos hospitalarios e médicos, con apoios de ata 800.000 euros


A Xunta activa, mediante a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a nova liña de axudas dotada con 5 millóns de euros e destinada a impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra o Covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral. A partir de mañá, as pemes galegas poderán solicitar os apoios que ofrece para poñer en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.

Con achegas que poderán acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas para a fabricación dos seguintes materiais: medicamentos -incluídas as vacinas- e tratamentos contra a covid-19, produtos intermedios, ingredientes farmacéuticos activos e materias primas necesarias para a súa elaboración; produtos sanitarios, equipos hospitalarios e médicos -incluídos respiradores, roupa e equipos de protección e ferramentas de diagnóstico-, e as materias primas necesarias; desinfectantes; e ferramentas de recollida e/ou tratamento de datos.

O novo programa actívase logo de que a Xunta realizase unha consulta previa ao tecido produtivo precisamente para coñecer a dispoñibilidade das pemes galegas a acometer a fabricación de produtos que sirvan para previr e combater a covid-19. Foron 28 as propostas presentadas que contribuíron á finalización do deseño das axudas, recollendo as achegas sobre os proxectos que se poderían acometer para a fabricación deste tipo de produtos e as suxestións sobre as características da nova liña.

En total, a Xunta suma 7,5 millóns de euros en axudas neste ámbito, xa que esta iniciativa súmase á convocatoria xa aberta para impulsar a reorganización produtiva das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria, dotada con 2,5 millóns de euros. O Comité de fabricación de equipamento sanitario impulsado pola Xunta validou xa os primeiros 14 proxectos de pemes galegas e que van mobilizar máis dun millón de euros na reestruturación dos seus procesos produtivos para fabricar medios de protección fronte á covid-19. A Administración autonómica achega ao redor do 70 por cento do investimento, preto de 750.000 euros.

Precisamente, outra das medidas impulsadas polo Goberno galego para xestionar a oferta e a demanda de subministración de equipamento é a plataforma online Marketplace, creada para canalizar as respostas da industria galega ás necesidades de subministración de equipamentos, a través da que xa se levan recollidas 246 ofertas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre