Inicio Galicia A Xunta activa a alerta vermella por temporal costeiro na Coruña...

A Xunta activa a alerta vermella por temporal costeiro na Coruña e Lugo

0
image_gallery.jpg

Continúa a alerta laranxa no resto do litoral


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar a alerta vermella por temporal costeiro nos litorais oeste e noroeste da Coruña, e en Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro deu comezo esta tarde. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 8 a 9 metros.

Cómpre recordar que, ata agora, estaba vixente a alerta laranxa en todo o litoral galego. Agora, o noroeste e oeste da Coruña e Lugo pasan a alerta vermella, mentres que se mantén o aviso laranxa para o suroeste da Coruña e Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas.

Recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre