Inicio Galicia A Xunta activa a alerta laranxa por vento en toda Galicia que...

A Xunta activa a alerta laranxa por vento en toda Galicia que dará comezo esta mañá e que se suma á alerta por temporal na costa de A Coruña e Pontevedra

0

En terra, espéranse refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora na provincia de A Coruña, na Mariña lucense, no noroeste de Ourense e nas rías baixas e interior da provincia de Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa unha alerta laranxa por vento que dará comezo esta mesma mañá e que afectará a toda a comunidade galega, que se suma á alerta laranxa vixente por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra por ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de ata seis metros.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), podense acadar refachos de ata 100 km/h nas zonas noroeste, oeste, suroeste e interior da provincia de A Coruña, na Mariña lucense, no noroeste da provincia de Ourense e nas rías baixas e no interior da provincia de Pontevedra. A borrasca virá acompañada de choivas intensas, de nivel amarelo, no suroeste, oeste e interior da provincia de A Coruña, no noroeste e sur da provincia de Ourense e na provincia de Pontevedra, puidendo recollerse ata 60 mm. en 12 horas.

A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e demais obxectos susceptibles de desprazarse co vento.

Suspensión actividades exteriorPola súa banda a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de ampliar a suspensión das actividades no exterior desde as 9 horas desta mañá ata as 18 horas desta tarde por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa con refachos de vento superiores a 100 quilómetros/hora que afecta ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf)).

Temporal costeiroA Xunta ten activada tamén unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra por ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de ata seis metros. Debido ao temporal costeiro, a Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso ademais evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CAE 112 ( www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Tamén se recomenda consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre