Inicio Galicia A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas na montaña de Lugo...

A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas na montaña de Lugo a partir do mediodía

0

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa a alerta laranxa por tormentas na montaña de Lugo a partir deste mediodía.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que dará comezo sobre as 13 horas e remitirá previsiblemente ao final da noite. Virá acompañado de choivas e ventos localmente fortes e/ou con graínzo inferior a 2 centímetros. Existe a posibilidade de que poidan producirse tormentas de intensidade superior de xeito puntual.

Neste mesmo período tamén estarán en alerta amarela por choivas e tormentas o centro e o sur de Lugo, e o sur, a montaña e a zona de Valdeorras en Ourense.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais; e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre