Inicio Galicia A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

0

Agárdanse ondas de 4 a 6 metros por mar combinada do oeste-noroeste


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ten activada alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa afecta a todo o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra con ondas de 4-6 metros, por mar combinada do oeste-noroeste.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Debido ao temporal costeiro, recoméndase permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso evitar aproximarse a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, é recomendable consultar a páxina web do CAE 112 ( www.112galicia.org ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre