Inicio Galicia A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

0

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste mediodía no litoral da provincia da Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir deste mediodía haberá mar combinada do oeste e noroeste con ondas de 5 a 6 metros. No resto do litoral galego está activo o nivel amarelo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible. É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre