Inicio Galicia A Xunta acorda coa Fegamp os criterios de reparto do Plan marco...

A Xunta acorda coa Fegamp os criterios de reparto do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrarias

0


O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, así como con membros da executiva desta entidade e técnicos de Agader. Nela acordáronse os novos criterios da convocatoria para 2020 do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrarias.

Na reunión tratáronse as condicións de reparto do orzamento para os 313 concellos de Galicia. Estes criterios determínanse en base a indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir un reparto equitativo entre a totalidade de concellos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre