Inicio Galicia A Xunta acondiciona os petróglifos de Pé de Mula para a visita...

A Xunta acondiciona os petróglifos de Pé de Mula para a visita pública

0

Os traballos, por un importe de preto de 15.000 euros, remataranse ao longo deste mes e consistirán na execución dunha drenaxe perimetral que reduza a escorrenta de auga sobre o soporte gravado e na instalación de sinalización, entre outros


A Consellería de Cultura e Turismo está a desenvolver actuacións para favorecer a visita pública aos petróglifos de Pé de Mula, localizados na parroquia de Sabaxáns en Mondariz (Pontevedra). Os traballos, que se están a desenvolver de xeito coordinado co concello de Mondariz e co acordo da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sabaxáns, están a ser executados por un equipo de arqueólogos e restauradores por un importe de 14.574 euros e consisten na execución dunha drenaxe perimetral que reduza a escorrenta de auga sobre o soporte gravado.

Tamén está previsto que se realice un rexistro tridimensional e fotográfico dos petróglifos e limparán as briófitas e liques de suxeición débil que dificulten a súa lectura. Ademais, substituirase o actual peche que delimita o conxunto por outro máis resistente e acorde cos valores do sitio e se dotará ao conxunto de sinalización orientativa, identificativa e interpretativa. Estes traballos finalizarán ao longo deste mes de decembro.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

A estación de Pé de Mula amosa unha gran importancia científica e patrimonial. Está formada por un relevante conxunto de petróglifos conformado por varias laxes que presentan unha alta densidade de motivos gravados que se poden agrupar en dúas categorías diferentes. Un primeiro grupo estaría formado por deseños de adscrición prehistórica e carácter xeométrico, como coviñas, círculos simples, círculos con cruz inscrita, círculos concéntricos e labirintos. O segundo conxunto está integrado por deseños de cronoloxía histórica que, ás veces, se superpoñen ás figuras antigas, como acontece no gran labirinto. Os deseños desta fase son múltiples cruciformes de tipoloxía diversa, cadrados con cruz inscrita, bestas ou grafías como letras e nomes. Petróglifos de GargamalaA Consellería de Cultura e Turismo tamén está a actuar nos petróglifos de Gargamala, que se viron afectados por un incendio forestal no pasado mes de outubro. Trátase dun espazo cun alto valor patrimonial caracterizado pola presenza de numerosos petróglifos de estilo atlántico e mesmo de outros de adscrición histórica. Diferentes soportes gravados víronse afectados polo incendio forestal e amosan hoxe unha superficie completamente ennegrecida por depósitos de cinza e briófitas e liques queimados.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Atendendo á necesidade de emprender accións paliativas para minimizar os danos, o departamento autonómico está a realizar diferentes tarefas consistentes nunha prospección arqueolóxica da zona coa finalidade de localizar e avaliar os bens arqueolóxicos xa coñecidos, así como identificar aqueloutros que poidan existir nas súas proximidades. Ademais, estase a realizar unha diagnose e valoración de danos dos soportes gravados e medidas correctivas de restauración-conservación para mitigar os danos máis graves. Por último, documentarase e rexistrarase de xeito detallado os petróglifos existentes, incluíndo os novos que poidan localizarse.  


- Te recomendamos -