Inicio Galicia A Xunta acometerá obras de mellora na estación de autobuses de Lugo...

A Xunta acometerá obras de mellora na estación de autobuses de Lugo por un importe de case 28.000 euros

0

Acondicionarase unha zona da cuberta e renovarase parte da instalación de saneamento

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou obras de mellora na estación de autobuses de Lugo que suman un importe de 27.927 euros. Os traballos teñen un prazo de execución dun mes e está previsto que comecen a mediados de marzo.

As actuacións programadas inclúen o acondicionamento dunha zona da cuberta, en concreto a que está situada sobre o comedor do establecemento de hostalería que hai nestas instalacións.

Tamén se mellorará unha parte do sistema de saneamento, substituíndo o colector que sae dos baños da planta baixa e un treito da acometida á rede xeral. Ademais, executaranse novas arquetas de paso. Está previsto que posteriormente se repoña a parte da beirarrúa e do solo que se vexan afectados polas obras.

Estes traballos forman parte das actuacións de conservación e mantemento que leva a cabo a Administración galega para garantir o bo funcionamento da estación e a prestación dun servizo axeitado ás persoas usuarias do transporte público.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre