Inicio Galicia A Xunta acomete o reforzo do firme na PO-531 entre Pontevedra e...

A Xunta acomete o reforzo do firme na PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa para incrementar a seguridade viaria

0
image_gallery.jpg

Estase a realizar un fresado e posterior reposición do firme en tres treitos que suman 2.900 metros ante o seu deterioro e o da plataforma da calzada


A Axencia Galega de Infraestruturas está a acometer o reforzo e renovación do firme na estrada autonómica PO-531, entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, para corrixir o deterioro da capa de rodadura en certas zonas co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a mobilidade do tráfico.

Esta actuación está incluída nun lote cun orzamento de case un millón de euros que tamén contempla a mesma actuación nas estradas PO-301, PO-529, PO-530 e VG-4.7. ao seu paso polos municipios de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Caldas de Reis, Meis e Barro.

Por este motivo, a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e o xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, achegáronse ata as inmediacións do lugar de Curro, no Concello de Barro, para supervisar a fase final destes traballos neste punto da PO-531, que se estima que concluirán esta mesma semana.

Nesta estrada de conexión entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa estase a realizar un fresado de tres centímetros e a posterior reposición do firme en tres treitos que suman 2.900 metros de lonxitude e que son os que presentan un maior deterioro.

Cómpre lembrar que este vial conta cunha elevada Intensidade Media Diaria (IMD) de tráfico e que por elo ten sido obxecto de moitas actuacións de mellora por parte da Xunta de Galicia ao longo dos últimos anos, o que permite circunscribir este reforzo do firme aos citados treitos, xa que o resto se atopan en boas condicións.

Tras coñecer os detalles da obra e as previsións nas demais estradas autonómicas de Pontevedra e O Salnés, Luisa Piñeiro destacou o “esforzo” da Xunta de Galicia no mantemento e modernización da súa rede viaria e garantíu “a supervisión técnica constante das vías para determinar as actuacións que correspondan para acadar o obxectivo irrenunciable da seguridade vial”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre