O Goberno galego subministrou o material en 170 centros dedicados ao coidado de menores e de persoas maiores ou con discapacidade
A Xunta de Galicia achegou nos últimos dÃas 198.300 unidades de protección contra o coronavirus ás entidades prestadoras de servizos sociais na provincia de Lugo, co fin de incrementar a seguridade nos centros que xestionan, na súa maiorÃa dedicados ao coidado de menores e de persoas maiores ou con discapacidade.
A Xunta colabora garantÃndolles o subministro a través dunha plataforma loxÃstica posta en marcha expresamente para a xestión deste material fundamental. AsÃ, realiza envÃos con periodicidade semanal en residencias de maiores, vivendas tuteladas, centros de dÃa, escolas infantÃs e similares, ben sexan de titularidade pública ou privada.
Nesta ocasión, entregou material en 170 centros da provincia, dos que preto da metade atenden a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Os envÃos inclúen equipos de protección individual, luvas, máscaras e pantallas faciais, batas, mandÃs, gorros, e tamén xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante.
Dende o inicio da crise sanitaria foron subministrados máis de 1,9 millóns de elementos de protección neste tipo de institucións en toda a provincia.