Inicio Galicia A Xunta achegará mañá ao CEIP Praia Xardín, en Boiro, a campaña...

A Xunta achegará mañá ao CEIP Praia Xardín, en Boiro, a campaña de seguridade viaria ?O corazón está do teu lado? para fomentar hábitos responsables nas estradas entre os escolares

0

A Consellería de Infraestruturas, en colaboración coa de Educación, ten en marcha esta campaña dirixida a cativos de 6 a 12 anos, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios

A Xunta levará mañá a campaña ‘O corazón está do teu lado’ ao CEIP Praia Xardín, no Concello de Boiro, co fin de fomentar hábitos responsables nas estradas entre os escolares.

Os rapaces de primaria do CPE deste municipio coruñés xa contarán mañá coas unidades didácticas coas que traballarán ao longo do curso para sensibilizarse da relevancia da seguridade viaria e do respecto ás normas de circulación.

Esta iniciativa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, en colaboración coa de Educación, levarase a cabo este curso en 20 novos colexios da comunidade, dándolle así continuidade a esta actividade formativa que se vén desenvolvendo nos últimos anos.

A campaña vai dirixida a nenos de 6 a 12 anos, prevéndose que entre o pasado curso e o presente sensibilice aos nenos duns 40 centros escolares.

Esta campaña comezaba este curso en setembro, estando xa en marcha nos CEIP de Rodeiro, Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa; Arzúa, Virxe da Saleta, en Cea; Curros Enríquez, en Celanova; Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás, Montemogos, en Bueu; CPI Manuel Padín, en Soutomaior, Monterroso, Castroverde, O Coto, de Negreira; CEIP Padre Feijoo, en Allariz; CPI DR. López Suárez de Friol; CPE Plurilingüe O Cruce, en Cerceda; Amor Ruibal, en Barro e A Gándara, en Monforte de Lemos. Nas vindeiras semanas a actividade realizarase nos seguintes colexios: CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro, en Barbadás; Alexandre Rodríguez Cadarso, en Noia e CEIP Monte Baliño en Patón.

Este programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo explicar e ensinar aos máis cativos a marxe da estrada pola que deben camiñar, sempre pola esquerda, polo lado do corazón.

Os cativos, a través do material co que traballarán co profesorado, aprenden a importancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.

A campaña busca, en definitiva, que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á seguridade dos demais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre