Inicio Galicia A Xunta achegará mañá ao CEIP Monte Baliño, en Pantón, a campaña...

A Xunta achegará mañá ao CEIP Monte Baliño, en Pantón, a campaña de seguridade viaria ?O corazón está do teu lado? para fomentar hábitos responsables nas estradas entre os escolares

0

A Consellería de Infraestruturas, en colaboración coa de Educación, ten en marcha esta campaña dirixida a cativos de 6 a 12 anos, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios


A Xunta levará mañá a campaña ‘O corazón está do teu lado’ ao CEIP Monte Baliño, no Concello de Pantón, co fin de fomentar hábitos responsables nas estradas entre os escolares.

Os rapaces de primaria do CEIP deste municipio lucense xa contarán mañá coas unidades didácticas coas que traballarán ao longo do curso para sensibilizarse da relevancia da seguridade viaria e do respecto ás normas de circulación.

A campaña vai dirixida a nenos de 6 a 12 anos, prevéndose que entre o pasado curso e o presente sensibilice aos nenos duns 40 centros escolares. A iniciativa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, en colaboración coa de Educación, levarase este curso escolar a 20 novos colexios da comunidade, dándolle así continuidade a esta actividade formativa que se vén desenvolvendo nos últimos anos. Cómpre lembrar que nesta nova quenda, na provincia de Lugo esta campaña de sensibilización xa se ten impartido nos CEIP de Monterroso e Castroverde, o CPI DR. López Suárez, de Friol e o CEIP A Gándara, de Monforte de Lemos.

Este programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo explicar e ensinar aos máis cativos a marxe da estrada pola que deben camiñar, sempre pola esquerda, polo lado do corazón. Os cativos, a través do material co que traballarán co profesorado, aprenden a importancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía. A campaña busca, en definitiva, que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á seguridade dos demais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre