Inicio Galicia A Xunta achegará 120.000? para a construción dun centro social interxeneracional en...

A Xunta achegará 120.000? para a construción dun centro social interxeneracional en Coristanco

0

O Concello acondicionará un inmoble sen uso para dotar o municipio dun novo recurso para maiores e mozos

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou esta mañá que o Goberno galego destinará 120.000 euros para a construción dun centro social interxeracional no Concello de Coristanco. Díxoo durante unha visita realizada esta mañá ao municipio coruñés e na que estivo acompañada do alcalde, Juan Carlos García Pose.

A conselleira adiantou que neste primeiro trimestre do ano se procederá á sinatura do convenio entre a Consellería de Política Social e o Concello, no que se recollerá esa achega de 120.000 euros que se repartirá en dúas anualidades: 2020 e 2021. O Concello será quen execute as obras de remodelación do inmoble situado na Área Recreativa da Rocheira e ademais xestionará posteriormente o centro.

Fabiola García destacou a vontade do Concello de que o centro sexa de carácter interxenaracional, polo que poderá albergar recursos e actividades non só para os maiores, senón tamén para as mozas e mozos do municipio.

O edificio de 447,65m2 conta con dúas zonas, unha delas dedicarase integramente a actividades para os maiores aproveitando ademais a propia localización do centro nunha zona verde. O mesmo ocorre coa área destinada a xuventude, que será un valor engadido para as instalacións coas que xa se contan moi preto do futuro centro, como son a piscina e o campo de fútbol municipal.

A conselleira subliñou a importancia da colaboración entre as administracións locais e a autonómica, que está permitindo a extensión de recursos tanto para as nenas e nenos como para os maiores por toda a xeografía galega, especialmente nos concellos do rural.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre