Inicio Galicia A Xunta achega aos empresarios da comarca do Deza os apoios que...

A Xunta achega aos empresarios da comarca do Deza os apoios que pon á súa disposición para impulsar os negocios locais

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, proseguiu hoxe en Lalín coa rolda de contactos co tecido empresarial para expoñerlles os programas da Xunta para a mellora da competitividade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, continuou hoxe en Lalín coa rolda de contactos que está a levar a cabo por toda Galicia para expoñer ao tecido empresarial as liñas de axudas que a Xunta pon á súa disposición para impulsar os negocios da comarca do Deza e mellorar a súa competitividade.

Na xuntanza, e tras agradecer a colaboración da Asociación de Empresarios do Deza (Aedeza), con máis de 25 anos de traxectoria e que agrupa máis de 340 empresarios e autónomos da comarca, sinalou que a Xunta está apostando polo reforzo da innovación e da tecnoloxía dixital das empresas a través de tres liñas de axudas autonómicas que xa están abertas e mobilizarán 50 millóns de euros. Referiuse ao programa de dixitalización do Igape que mobilizará máis de 13 millóns de euros a través dun orzamento de 5 millóns; a terceira convocatoria da fábrica intelixente, que botou a andar o pasado venres e que vai mobilizar 31,3 millóns de euros en proxectos de innovación en pequenas e medianas empresas; e a iniciativa Innova Peme que mobilizará 5,6 millóns para apoiar ata 70 plans de I+D+i.

Estas actuacións forman parte das 30 liñas de axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a poñer en marcha ao longo deste primeiro trimestre do ano que están dirixidas aos empresarios, autónomos, comerciantes e desempregados e que sumarán un investimento de máis de 100 millóns de euros. Estas ordes abranguen, ademais do ámbito da innovación e das novas tecnoloxías, o impulso á internacionalización, a promoción da eficiencia enerxética, o fomento do emprendemento e a atención aos autónomos, a modernización do comercio local, a mellora das infraestruturas nos parques empresariais e o acceso ao solo industrial.

Conde tamén puxo en valor a Lei de implantación empresarial para facilitar ao máximo a actividade das empresas a través da simplificación administrativa e con bonificacións fiscais que se amplían no caso de que as compañías estean asentadas nun Concello Emprendedor. Na provincia de Pontevedra son 18 as localidades que están adheridas a este convenio que asinou a Xunta coa Fegamp e, das que catro pertencen á comarca do Deza: Silleda, Vila de Cruces, Agolada e Dozón. Proximamente sumarase Rodeiro que está en trámites.

Outras axudas que xa se convocaron e ás que se referiu o conselleiro son as Unidades Formativas nas Empresas, os apoios para a contratación indefinida de persoas asalariadas por parte de autónomos, para impulsar o inicio de actividade entre os traballadores por conta propia e para a consolidación de pemes de nova creación e de base tecnolóxica. A estes tres programas, a Xunta destina 14 millóns de euros.

O programa Galicia Inviste, cun orzamento de 9 millóns, busca apoiar a 140 novas pemes e obter o financiamento que precisan para a realización de investimentos; as axudas para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais e a creación de viveiros industriais permitirán mobilizar máis de 7 millóns; e os apoios para impulsar a eficiencia enerxética en fogares e en empresas dos sectores industrial, servizos e agrícola mobilizarán máis de 24 millóns. A Xunta tamén convocou xa unha nova iniciativa, o Reforma TUR 2019, para axudar a 500 establecementos hoteleiros a realizar investimentos para mellorar os seus servizos de cara ao Xacobeo 2021; e os apoios destinados ao sector comercial que cun orzamento de 14,6 millóns permitirán beneficiar a máis de 6.000 establecementos galegos. Son axudas dirixidas á dinamización comercial das vilas e á modernización do pequeno comercio.

O obxectivo de todas estas axudas, en palabras de Conde, é que ningún autónomo, empresa e emprendedor teña que renunciar aos seus plans por falta de apoio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre