Inicio Galicia A Xunta achega 38.000 euros para a instalación dun ascensor e unha...

A Xunta achega 38.000 euros para a instalación dun ascensor e unha rampla que fan accesible a Casa Consistorial de Friol

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial, Javier Arias, subliñou a necesidade de avanzar para “asegurar a accesibilidade universal nos servizos e instalacións de uso público”


A Xunta de Galicia destinou 38.000 euros ao proxecto de mellora da accesibilidade na Casa Consistorial de Friol. As obras, recentemente rematadas, incluíron a instalación dunha rampla exterior e un ascensor que comunica a planta baixa e a primeira, con peche panorámico en vidro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a Casa do Concello, onde subliñou a necesidade de implementar medidas deste tipo para “asegurar a accesibilidade universal, entre outros ámbitos, nos servizos e instalacións de uso público”.

As obras foron impulsadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través do programa de axudas para proxectos de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos para servizos municipais.

Entre outros traballos, creouse un itinerario accesible que comunica a vía pública co edificio a través dunha rampla e substituíuse a porta de vidro do vestíbulo de entrada por outra automática corredoira. Por último, realizáronse tarefas complementarias, como a reposición de novas varandas na fachada e pasamáns no interior das instalacións.

Arias indicou que o Goberno galego promove a creación de espazos “para toda a cidadanía, acolledores para todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade, e da forma máis autónoma e natural posible”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre