Inicio Galicia A Xunta achega 30.000 euros á entidade local menor Arcos da Condesa...

A Xunta achega 30.000 euros á entidade local menor Arcos da Condesa para mellorar a eficiencia enerxética da casa consistorial

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe os traballos levados a cabo grazas a colaboración entre o Goberno galego e a entidade local menor


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a entidade local menor (ELM) Arcos da Condesa, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Ambas administracións colaboran na mellora da eficiencia enerxética da casa consistorial.

En virtude dun convenio asinado entre a Vicepresidencia da Xunta e a entidade local menor Arcos da Condesa, o Goberno galego investiu este ano 30.000 euros para levar a cabo distintas actuacións que permitirán mellorar a eficiencia enerxética e renovar o edificio da ELM para poder mantelo nas mellores condicións.

Alfonso Rueda destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e as entidades locais, que son as máis próximas á veciñanza e, por tanto, as que mellor coñecen as súas necesidades. Por iso, incidiu en que a través das distintas liñas de axudas que habilita cada ano o Goberno galego como o Fondo de Compensación Ambiental e a Orde de Infraestruturas de uso público ou mediante a sinatura de convenios coma este coa ELM Arcos da Condesa, as entidades locais poden reforzar garantir a prestación de servizos que redunden no benestar dos seus veciños.

O proxecto de reforma da casa consistorial inclúe, entre outros traballos, o retellado e a renovación da cuberta; xunto co pintado dos aleróns e dos teitos das terrazas, así como doutras estancias no interior do inmoble como o salón de actos, os teitos do aseo, varias aulas, a escola de música, a biblioteca e as oficinas. No chan da biblioteca colocarase tarima flotante e substituirase o rodapé de plaqueta por outro de madeira. Para dotar de calefacción tanto a este espazo como ás oficinas instalarase unha bomba de calor.

Entre as actuacións previstas tamén destaca o cambio das actuais luminarias por outras de tecnoloxía LED máis eficientes que, por tanto, supoñen un maior aforro enerxético. No exterior do edificio prevese ademais a instalación dun carillón eléctrico totalmente equipado que contará cun campanario electrónico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre