Inicio Galicia A Xunta acada o compromiso do estado para convocar unha reunión con...

A Xunta acada o compromiso do estado para convocar unha reunión con todas as administracións implicadas co fin de avaliar as medidas de reforzo do abastecemento a Vigo

0

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, reuniuse co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para abordar varias cuestións prioritarias para a Xunta en materia de augas, cambio climático e desenvolvemento sustentable


O Ministerio de Transición Ecolóxica convocará á Xunta, ao Concello de Vigo, a Augas de Galicia e á Confederación hidrográfica Miño-Sil a unha reunión conxunta para analizar as distintas alternativas para o reforzo do abastecemento á cidade olívica e á súa área. Este compromiso foi asumido polo secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, a petición expresa da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, quen mantivo con el esta semana unha xuntanza de traballo para tratar esta e outras cuestións prioritarias para o seu departamento.

Ao igual que xa o fixera o presidente da Xunta no seu encontro co titular do Goberno do Estado, Mato Otero insistiu na necesidade de abordar a situación actual entre as distintas administracións implicadas e subliñou que, en opinión do Executivo galego e unha vez analizadas polos técnicos as posibles alternativas existentes, o transvase desde o río Miño é a mellor solución desde todos os puntos de vista para garantir no futuro a demanda de abastecemento de Vigo e a súa área de influencia.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

O saneamento de Santiago de Compostela foi outro dos asuntos que centraron o encontro entre Beatriz Mato e Hugo Morán. Despois de que a conselleira lle trasladara a “urxencia” de impulsar esta actuación, declarada de interese xeral do estado e crucial para garantir a calidade ambiental do río Sar, o alto cargo do Goberno confirmou a súa intención de avanzar na alternativa proposta polo Concello para localizar a futura EDAR nos terreos que ocupa a actual en A Silvouta convocando a unha reunión a todas as administracións implicadas.

Este compromiso foi ben recibido pola conselleira, sobre todo despois de que este verán o Goberno compostelán e o Ministerio de Transición Ecolóxica mantiveran varias reunións nas que se abordou o futuro do saneamento de Santiago sen contar coa participación da Xunta de Galicia. Neste sentido, reiterou que a pesar do cambio de criterio sobre a localización da futura EDAR o compromiso do Executivo galego con esta actuación sigue sendo firme e plasmarase na asunción da metade do financiamento que non aporte o Goberno central, é dicir, un 20% aproximadamente do custo total da obra.

Leer más:  Novedades en prevención de incendios: pastoreo, refuerzo en la frontera y aumento a 7 meses de fijos discontinuos

A situación do saneamento nas rías de A Coruña e Pontevedra foi outro dos temas abordados. Concretamente, a conselleira insistiu na necesidade de contar coa colaboración administrativa do Goberno do Estado para poder avanzar na depuración da ría de Pontevedra, e no caso da ría do Burgo, instou a que se inicie xa a execución das partidas que figuran orzamentadas de aquí a 2020 para executar o dragado desta zona.

Noutro orde de cuestións, a titular de Medio Ambiente aproveitou a reunión para expoñer a necesidade de iniciar “de forma urxente” a tramitación das 3 obras declaradas en Galicia de interese xeral do Estado (mellora do saneamento e depuración de A Illa de Arousa; mellora do saneamento e depuración de Sanxenxo-Poio; e mellora do saneamento e depuración de Ponteareas), petición que o secretario de Estado tamén se comprometeu a atender.

Por último, no transcurso da xuntanza tamén se abordaron outros asuntos de interese para a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio relacionados con áreas como a loita contra o cambio climático, a economía circular ou o desenvolvemento sustentable.

Leer más:  Rueda avanza en sus promesas electorales de proporcionar ayudas para mascotas y ampliar el acceso a reproducción asistida

- Te recomendamos -