Inicio Galicia A Xunta abre o proceso de consultas para definir a futura convocatoria...

A Xunta abre o proceso de consultas para definir a futura convocatoria para crear Hubs de innovación dixital

0

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) vén de publicar no Diario Oficial de Galicia unha resolución para que os axentes do Sistema Galego de Innovación expresen o seu interese en impulsar un Hub de Innovación Dixital

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o anuncio polo que se invita aos axentes do Sistema Galego de Innovación a que expresen o seu interese en acceder a unha liña de axudas para a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital.

Trátase dun novo instrumento previsto no Plan Galicia Innova 2020, en coherencia coas orientacións da Comisión Europea no ámbito da dixitalización e especialización intelixente, que agrupan os distintos axentes do sistema de I+D+i baixo un modelo de colaboración público-privado aberto co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas galegas a través das tecnoloxías dixitais e, por extensión, a competitividade da economía galega.

O obxectivo desta consulta é dispor de suficiente información para a definición da futura convocatoria de axudas dirixida á posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital en Galicia, así como fomentar a colaboración entre os diversos axentes para a presentación de propostas coordinadas que conten co respaldo empresarial e o consenso necesario para garantir a súa eficacia e eficiencia.

Leer más:  Pontón achaca a los "recortes" del PP las vacantes MIR en Primaria en Galicia: "Es lamentable que eche balones fuera"

As propostas ou manifestacións de interese, previas á convocatoria, deberán incluír, entre outros aspectos, unha descrición da visión e das actividades preparatorias para a posta en marcha do Hub de Innovación Dixital, así como demostrar a capacidade do consorcio para recibir o apoio da Xunta e un enfoque tecnolóxico que implique de forma prioritaria tecnoloxías cun alto potencial para a industria. O prazo de presentación remata o 17 de setembro.

A partir da recollida destas manifestacións de interese, a Xunta prevé lanzar unha convocatoria de axudas en concorrencia competitiva para apoiar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital en Galicia. Posteriormente, contémplanse dúas fases máis no seu desenvolvemento: o inicio dos Hubs, en 2019, coa posta en marcha da gobernanza e operacións, que se irá complementando coa oferta de servizos e as primeiras prestacións; e a fase operacional, a partir de decembro de 2019. 


- Te recomendamos -