Inicio Galicia A Xunta abre o prazo para participar nas probas de avaliación en...

A Xunta abre o prazo para participar nas probas de avaliación en competencias clave

0

Os interesados poderán inscribirse ata o 20 de marzo e as probas realizaranse o 16 de maio


A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. En concreto, convócanse para matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés.

Os interesados en participar poderán presentar a súa solicitude -preferiblemente por vía telemática a través da sede electrónica da Xunta- ata o 20 de marzo. As probas realizaranse o sábado 16 de maio en quenda de mañá para o nivel 2 e pola tarde para o nivel 3. Prevese que o lugar sexa o Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra), como nas últimas convocatorias.

O obxectivo é facilitar aos traballadores e traballadoras galegas que non posúan os requisitos académicos da ESO ou o Bacharelato, o acceso á formación para o emprego e poder cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación e, polo tanto, incrementar as súas posibilidades de obter un posto de traballo.

A previsión é que se reciban ao redor de 4000 solicitudes nesta 14ª edición. Na última convocatoria un 73% das persoas que se presentaron ao nivel 2 e un 62% das que o fixeron ao nivel 3 resultaron aptas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre