Inicio Galicia A Xunta abre o prazo para a elección de postos de traballo...

A Xunta abre o prazo para a elección de postos de traballo do concurso de traslados da Administración autonómica

0

O concurso inclúe 1.920 prazas para as que se presentan 3.584 participantes


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución de apertura do prazo para a elección de postos de traballo e a xustificación de méritos e requisitos do concurso de traslados da Administración autonómica. A través do concursos de traslados, a Xunta cubre os postos de traballo vacantes e o persoal funcionario pode cambiar voluntariamente do seu posto a outro que se adapte mellor ás súas preferencias.

A Xunta ofertou en novembro 1.920 prazas neste concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración Xeral, no que o número de participantes ascende ata os 3.584. Non obstante, as posibilidades de mobilidade son maiores porque as prazas dos funcionarios que obteñen destino son posteriormente ofrecidas aos funcionarios en función das súas preferencias. Polo tanto, os funcionarios poden obter non só as 1.920 prazas que se ofrecen, senón tamén aquelas que quedan vacantes polos seus actuais ocupantes.

Este concurso afecta aos cinco grupos do Corpo da Administración Xeral: o corpo superior (A1), de xestión (A2), de administrativos (C1), auxiliar (C2) e agrupación profesional –o antigo corpo subalterno-.

Ademais, garante o dereito á mobilidade dos empregados públicos e mellora a súa progresión profesional, posto que poden acceder a unha praza de maior nivel. Non supón aumento de custos para a Xunta xa que todas as prazas están dotadas orzamentariamente e a provisión faise con empregados da propia Administración.

PrazosA resolución publicada hoxe establece un prazo de 15 días hábiles para a presentación das solicitudes de elección de postos e para a solicitude de xustificación dos méritos. Así mesmo, establece un prazo de 45 días hábiles para a expedición do certificado no caso de desconformidade; e un prazo de 50 días hábiles para a presentación dese certificado. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre