Inicio Galicia A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para apoiar ás...

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para apoiar ás entidades sen ánimo de lucro na contratación de desempregados

0

O programa, que acaba de publicar o Diario Oficial de Galicia (DOG), conta cun investimento de 8,1 millóns de euros co que se prevé a contratación de 473 persoas


O prazo de solicitude para as axudas da Xunta de apoio ás entidades sen ánimo na contratación de persoas sen emprego remata o próximo 20 de agosto. O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar estes apoios aos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 8,1 millóns de euros para apoiar a contratación de 473 desempregados a través de 125 asociacións. Estímase unha axuda media por entidade de 64.800 euros, o que supón máis do dobre que na convocatoria anterior.

Esta iniciativa ten por obxecto a mellora da empregabilidade e o fomento do emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sempre que estean inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (Ruepss), é dicir, a actuación ofrece ás persoas que contan con máis dificultades para atopar un traballo unha experiencia e práctica profesional durante 9 meses a tempo completo para facilitar a súa posterior inserción no mercado laboral.

Como novidade, nesta edición, introdúcese a figura das entidades que desenvolven proxectos singulares: as que prestan servizos a outros colectivos, contan con máis dunha área de actuación a nivel autonómico e teñen máis de 100 profesionais no seu cadro de persoal. Para estas asociacións destínanse 3 millóns de euros do orzamento global da orde de axudas, un 37% do total.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén inclúe nesta convocatoria melloras para simplificar e facilitar a xestión ás entidades nas contratacións, reducindo a documentación que teñen que presentar na solicitude. Establécese, ademais, un límite máximo da contía do apoio por entidade de 210.000€ e un anticipo do 90% da axuda tras a resolución. Esta iniciativa permitiu nas dúas últimas edicións a contratación de 955 persoas sen emprego en 513 entidades sen ánimo de lucro. A actuación complementa ás axudas de cooperación para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre