Inicio Galicia A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas do Bono Autónomo...

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas do Bono Autónomo con apoios de ata 3000? para a mellora da competitividade

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar esta iniciativa que ten como obxectivo axudar a profesionais deste colectivo, cunha antigüidade superior aos 42 meses, para que poidan ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsen a súa capacidade competitiva


O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as axudas do Bono Autónomo co que a Xunta ofrece apoios de ata 3000 euros para a mellora da competitividade dos traballadores por conta propia. Os interesados xa poden presentar a súa solicitude ata o próximo 2 de agosto.

Trátase da terceira edición desta iniciativa coa que se busca apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia que contan cunha antigüidade superior aos 42 meses. A Administración autonómica prevé beneficiar a 1300 traballadores a través dun orzamento que alcanza os catro millóns de euros, un máis que ao longo do pasado exercicio.

A actuación conta con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Apoiarase, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén se poderán aprobar axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.

Financiarase, doutro lado, investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio. Este ano tamén financiarase como novidade a adquisición de mobiliario.

Apoiaranse os gastos que se teñan realizado desde hoxe ata o 31 de decembro. A través do Bono autónomo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria favoreceu nos dos últimos anos, cun orzamento de máis de tres millóns de euros, a consolidación de 1355 autónomos.

O Bono autónomo forma parte dun dos retos principais do Goberno galego para favorecer a consolidación da actividade deste colectivo. A Administración autonómica, deste xeito, e a través da Estratexia Autónomo 2020, está a poñer en marcha medidas sempre baseadas no diálogo con este sector estratéxico para Galicia co obxectivo de impulsar o seu crecemento, a súa consolidación e a súa competitividade. Nestas iniciativas investíronse o pasado ano máis de 24 millóns de euros, o que permitiu favorecer o labor de 6555 traballadores por conta propia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre