Inicio Galicia A Xunta abre o prazo de inscrición para que 420 empregados públicos...

A Xunta abre o prazo de inscrición para que 420 empregados públicos poidan lograr un ascenso ou cambio de categoría

0

? Estes procesos selectivos de promoción interna facilitan a progresión profesional do traballador e a conciliación da súa vida familiar e laboralInclúense 127 prazas para o corpo de xestión e 195 para o corpo administrativo


A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de inscrición en varios procesos selectivos de promoción interna para que 420 empregados públicos poidan lograr un ascenso ou cambio de categoría, co obxectivo de facilitar a súa progresión profesional e a conciliación da súa vida familiar e laboral.

As convocatorias, publicadas o venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), inclúen 46 prazas para o corpo superior A1 da Administración Xeral, 127 para o corpo de xestión A2, 195 prazas para o corpo administrativo C1 e 52 para o corpo auxiliar C2. Destas 420 prazas, 31 están reservadas para ser cubertas pola quenda de discapacidade.

Os procesos selectivos de promoción interna están reservados a empregados públicos que xa teñen praza na Administración, e que queren acceder a un posto de maior categoría ou que se adapta mellor ás súas preferencias, sempre que as persoas aspirantes reúnan os requisitos e superen o correspondente proceso selectivo. Con estes procesos selectivos, a Xunta de Galicia garante o dereito dos empregados públicos á súa promoción profesional.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición. Para os grupos A1 e A2 o primeiro exercicio non terá lugar antes dos catro meses desde a publicación das convocatorias, e para os grupos C1 e C2 o primeiro exercicio non se realizará antes dos tres meses.

As convocatorias inclúen as normas xerais, os requisitos que deberán posuír as persoas aspirantes, os exercicios que deberán realizar e o programa que rexerá o proceso selectivo. Posteriormente, a Xunta publicará a lista de persoas admitidas e excluídas en cada proceso.20 días hábilesO prazo de inscrición ábrese mañá e remata o vindeiro 2 de marzo, co que as persoas interesadas en participar nos procesos selectivos terán 20 días hábiles para facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública (funcionpublica.xunta.gal), e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre