Inicio Galicia A Xunta abre o prazo de inscrición das axudas para a formación...

A Xunta abre o prazo de inscrición das axudas para a formación e a divulgación da importancia estratéxica da industria forestal

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a primeira iniciativa que se pon en marcha no marco da Estratexia de formación da industria forestal

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas para a organización de accións formativas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sustentable. Trátase dunha iniciativa dotada con 300.000 euros, que supón a primeira medida que se pon en marcha no marco da Estratexia de formación da industria forestal.

As axudas, que se poderán solicitar ata o próximo 3 de setembro, permitirán desenvolver 14 xornadas formativas e diferentes actuacións de divulgación que chegarán a máis de 600 persoas.

A finalidade desta iniciativa é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coas asociacións do sector.

Poderán ser beneficiarias destes apoios, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na convocatoria de axudas, as asociacións sen ánimo de lucro representativas da industria forestal; as agrupacións empresariais innovadoras (AEI); e os colexios profesionais cando as accións subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, a teor do disposto nos seus estatutos.

Leer más:  La operación en Ourense y Pontevedra contra fabricantes de narcolanchas continúa abierta con seis detenidos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará os proxectos que integren accións de carácter formativo e divulgativo que promovan a industria forestal de Galicia como un ámbito estratéxico e de futuro e as actividades que contribúan a fomentar o coñecemento e divulgación da industria forestal.

Así, entre os contidos de formación que se apoiarán, resaltan os relacionados coa xestión de aproveitamentos madeireiros, tratamentos silvícolas e utilización de maquinaria forestal; o manexo de maquinaria de primeira transformación e coñecemento dos procesos industriais de serradura, secado, clasificación da madeira e tratamentos preventivos e curativos da madeira, que contribúan á súa valorización comercial; o manexo de maquinaria de segunda transformación e o desenvolvemento de proxectos de instalación e amoblamento; a incorporación do deseño como ferramenta de innovación e diferenciación nos produtos de madeira ao longo de toda a cadea de valor e, en particular, na carpintaría e o moble; ou o deseño e cálculo de estruturas de madeira, mecanizado e instalación, montaxe, así como reparación na rehabilitación de edificios con estrutura de madeira.

Así mesmo, tamén apoiarase a formación en seguridade e saúde laboral nos procesos da cadea forestal que incorpore as novidades tecnolóxicas da industria e que permita a reciclaxe neste eido; en competencias para o manexo de software e TICs no ámbito da industria forestal; e en habilidades directivas.

Leer más:  Los trenes Avril están triunfando en Galicia: más de 13.000 billetes vendidos en menos de 24 horas

En canto ás actividades de divulgación, do que se trata é de difundir os novos usos da madeira na construción, así como dos novos materiais derivados da madeira, entre outros.

A intensidade máxima da axuda será do 80 % do investimento total subvencionable no caso das actividades formativas e do 100 % no caso de actividades divulgativas, ata un máximo de 50.000 euros por proxecto.

A Estratexia de formación da industria forestal, consensuada coas asociacións representativas do ámbito forestal galego, prevé impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais nos próximos dous anos e medio cunha oferta formativa á medida do que neste momento precisan as empresas.

Impulso á innovaciónA Xunta, ademais, en próximas datas convocará tamén no eido da industria forestal as axudas destinadas a impulsar a innovación en procesos e produtos neste ámbito, que permitirán mobilizar investimentos por un importe de 3,6 millóns de euros. A través deste programa pioneiro, promoverase a xeración de valor en arredor de 24 pemes e microempresas da segunda transformación da madeira, carpintaría, fabricación de mobles e nas compañías do sector contract nos procesos que utilicen produtos forestais. 

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

- Te recomendamos -