Inicio Galicia A Xunta abre o prazo das axudas para a contratación de persoal...

A Xunta abre o prazo das axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos

0

Desde hoxe poden solicitarse as subvencións que nesta convocatoria se amplía de maio a setembro os meses de traballo


Desde hoxe está aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de maio a setembro, un mes máis que na anterior convocatoria.

Como publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), no caso de solicitar a subvención, será requisito indispensable que o concello conte coa declaración de municipio turístico galego e, no caso de que solicitasen a subvención entidades que representen os xeodestinos, deberá designarse o concello en que realizará o seu traballo o persoal contratado obxecto destas subvencións.

O persoal que se contrate deberá estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou habilitacións: técnico superior en información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas, grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado, ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, ou certificado de profesionalidade de promoción turística local e información ao visitante.

Ademais, como medida de fomento do emprego, o persoal que se contrate deberá figurar como desempregado ou demandante dunha mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. O procedemento de concesión destas subvencións tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva.

Orzamento de 450.000 eurosAs subvencións obxecto desta convocatoria contarán cun crédito global de 450.000 euros. As actuacións subvencionables poderán acadar un máximo de axuda de 7.000 euros por entidade beneficiaria, sempre que os gastos subvencionables sexan iguais ou superiores a este importe. No caso de que os gastos non acaden os 7.000 euros, a contía da axuda será, como máximo, o importe dos gastos.

As entidades interesadas poden consultar os detalles da convocatoria no DOG. O prazo de solicitudes está aberto desde hoxe ata o 11 de marzo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre