Inicio Galicia A Xunta abre mañá o prazo de solicitude de axudas para a...

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude de axudas para a posta en marcha das Casas do Maior

0

Estarán destinadas á atención de persoas maiores de 60 anos de idade en situación de dependencia moderada e severa, e atenderán a un máximo de cinco usuarios de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade


A Xunta de Galicia abre maña e durante un mes o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á nova convocatoria de axudas para a posta en marcha de ata un máximo de 30 Casas do maior, experiencia piloto destinada a atender a homes e mulleres de máis de 60 anos de idade en situación de dependencia moderada e severa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a orde que regula a concesión destas achegas económicas en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019.

Deste xeito, a Casa do maior preséntase como alternativa cando, en poboacións de menos de 5000 habitantes, non existan recursos de atención para este colectivo ou cando o internamento nese tipo de institucións non sexa desexado, procurando o mantemento no medio social habitual coa finalidade de que ditas experiencias piloto poidan garantir a futura posta en marcha eficiente de servizos de atención en pequenos grupos, de maneira flexible e con garantías de seguridade e calidade. Na actualidade, existen en Galicia 90 localidades susceptibles de implantar nos seus límites este recurso.

Leer más:  La Xunta informa a los jóvenes que no hay dinero disponible para las ayudas de alquiler solicitadas en 2022

Cada Casa do maior atenderá a un máximo de cinco persoas, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade, dado que se esixirá formación ou experiencia profesional específica. Nestes recursos procurarase un ambiente e trato familiar no que se dea resposta ás necesidades dos usuarios. Así, a atención prestada comprenderá a manutención, hixiene, o desenvolvemento de actividades de lecer e/ou cognitivas e prestarase, nun máximo de oito horas de luns a venres durante todo o ano, excepto os días festivos e un mes de cada 12, no que a casa do maior permanecerá pechada por vacacións.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado nas que alomenos un dos socios/as estean en posesión dun título de grao en enfermería, medicina, de técnico en coidados auxiliares de enfermería, de técnico de atención a persoas en situación de dependencia, de técnico superior en integración social, o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou o diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior.

Leer más:  Tres personas detenidas en libertad con obligación de comparecer en el marco de la 'Operación Vodka'

Esta iniciativa conta cun investimento global de 1.360.637 millóns de euros para as anualidades 2018 e 2019. As axudas para gastos de investimento serán de ata o 100% dos gastos e un máximo de 15.000 euros por cada casa. Serán subvencionables, ao amparo desta convocatoria, a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir como casa do maior, o seu equipamento e a dotación de material. Así mesmo, subvencionares a prestación da atención individualizada dos usuarios, que consistirá nunha prima de 19.600 euros ao ano.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, prestando atención a criterios como a inexistencia de recursos comúns de atención ás persoas maiores nos concellos onde pretenda implantarse a casa do maior e a contribución á integración laboral de persoas en situación de especial protección.

Ademais de incrementar a cobertura e a calidade da atención aos galegos e galegas, esta convocatoria favorece as fórmulas de autoemprego e de economía social que demostraron ser eficaces para a dinamización económica en zonas rurais e para a fixación da poboación ao territorio, creando oportunidades laborais en territorios afectados polo declive demográfico. 

Leer más:  Cuatro detenidos tras el apuñalamiento de un hombre en A Coruña

- Te recomendamos -