Inicio Galicia A Xunta abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego...

A Xunta abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega

0

As persoas interesadas terán de prazo desde mañá ata o 30 de abril


A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde mañá, 2 de marzo ata o vindeiro 30 de abril, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres.

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en escolas infantís, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou en institutos politécnicos.

O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 32. Delas, 18 listas son para traballar como funcionario interino e outras 14 para traballar como contratado laboral. É importante subliñar que o feito de estar inscrito nas listas de emprego temporal da Xunta de Galicia para realizar substitucións temporais é unha forma de acadar méritos á hora de participar nun proceso selectivo e, polo tanto, incrementa as posibilidades de lograr un posto de traballo fixo na Administración.

No caso das listas que permanezan pechadas, as persoas interesadas que superaran algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta para a lista correspondente a unha categoría, corpo, escala ou especialidade, poden presentar a solicitude de inclusión neste período.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas de emprego temporal poderán realizar a inscrición a través da web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado ‘Listas de Contratación’. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.

O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura na convocatoria.

Entre as listas abertas están as de veterinarios, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, titulado/a superior médico/a, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, educador/a ou xefe/a de cociña.

Actualización de méritosAo mesmo tempo, o DOG tamén publicou o venres a actualización provisional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Desde mañá ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.

Tanto o estado -aberto ou pechado- para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas, así como as puntuacións das persoas integrantes das listas consecuencia da actualización de méritos, poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, no apartado de ‘Listas de contratación’.

CORPOS, ESCALAS E ESPECIALIDADES (PERSOAL FUNCIONARIO)

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

GRUPO

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre