Inicio Galicia A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude de axudas para a...

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de vehículos máis sostibles

0

Os apoios van dos 2000 aos 2500 euros dependendo do tipo e do volume de emisión do propio vehículo e concederanse por orde de chegada da solicitude


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, abre o prazo de solicitude do Plan de Mobilidade Eficiente para apoiar a renovación de turismos e furgonetas con axudas dirixidas a particulares, autónomos e empresas. As solicitudes serán tramitadas a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas. Polo momento hai 79 pero as entidades que o desexen poden sumarse en calquera momento, xa que teñen o prazo de inscrición aberto durante a vixencia de todo o plan.

A cifra dos apoios variará dependendo do volume de emisións do vehículo: desde os 2000 euros, con 1000 euros repartidos equitativamente entre Xunta e concesionarios, aos 2500 (1500 a Administración e 1000 os postos de venta). O requisito principal para participar neste programa será posuír un coche con máis dunha década de antigüidade, ou 5 anos no caso de furgonetas, propiedade do solicitante ou dun familiar de primeiro grado. As axudas concederanse en concorrencia non competitiva, é dicir, establecendo prioridade para os que primeiro presenten a súa petición.

O novo vehículo adquirido deberá respectar unha serie de condicións, incluíndo contar cun prezo inferior aos 40.000 euros, e emitir un máximo de 120 gramos CO2/quilómetro no caso de turismos e furgonetas de ata 2500 quilogramos, e 185 gramos CO2/quilómetro para o resto de furgonetas. Os particulares poderán adquirir un único vehículo con axuda e as empresas ata 10.

O plan contará cun orzamento de 700.000 euros da Xunta. A previsión é rebaixar ata 425 toneladas as emisións de CO2.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre