Inicio Galicia A Xunta abre hoxe o prazo de inscrición para participar nos cursos...

A Xunta abre hoxe o prazo de inscrición para participar nos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, que se celebrarán en setembro en catro cidades galegas

0

Os interesados poden inscribirse ata cubrir as 160 prazas dispoñibles na web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, na sección seguridade viaria, a través do seguinte enlace: https://cursos.mutuamotera.org/


A Xunta vén de abrir hoxe o prazo de inscrición para participar nunha nova convocatoria dos cursos gratuítos de conducións segura de motocicletas, que se celebrarán o vindeiro mes de setembro en distintas cidades galegas.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá así continuidade aos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas postos en marcha no 2017, nos que xa participaron 160 persoas, e que teñen como obxectivo educar e sensibilizar na importancia da seguridade viaria e contribuír a reducir o risco de accidentes do colectivo de motoristas.

Na presente convocatoria celebraranse 4 cursos gratuítos de condución segura de motos, que se impartirán en dúas quendas diarias, nas cidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Os interesados poden inscribirse ata cubrir as 160 prazas dispoñibles na web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, na sección seguridade viaria, destinada a través do seguinte enlace: https://cursos.mutuamotera.org/ .

Os cursos, de 5 horas de duración cada un deles, desenvolveranse en dúas quendas diarias, en horario de mañá e de tarde, con 20 alumnos en cada unha delas. O primeiro curso se impartirá na cidade de Ferrol o vindeiro día 22 de setembro, e o día 23 en Santiago. A seguinte semana, o día 29 de setembro celebrarase en Vilagarcía de Arousa e o día 30 de setembro na cidade de Vigo.

Esta actividade de formación e sensibilización tivo unha grande acollida entre o colectivo de motoristas e terá continuidade ata 2020, prevéndose impartir ao longo deste período un total 32 novos cursos de condución segura de motocicletas, que se repartirán en 4 edicións e nos que participarán un total de 640 persoas.

O departamento de Infraestruturas destina a este programa preto de 100.0000 euros, investimento que se destina á posibilitar a celebración destes cursos nos que colabora coa Unión de Moteros Europeos, Fundación Pons Seguridad Vial e a Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas (ENCM).

A seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria para o Goberno galego, e nesta liña a Consellería de Infraestruturas está a prestar especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

Estas medidas se completan coa suma doutras accións máis globais, que tamén teñen importantes beneficios para a seguridade do colectivo de motoristas, como a estratexia de eliminación dos treitos existentes de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, nos que se vai a actuar co obxectivo de telos eliminado nesta lexislatura.

Estas accións formativas e de sensibilización forman parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que engloba todo un conxunto de medidas e liñas de traballo coas que se busca reducir ao máximo o número de accidentes de tráfico que se rexistran nas estradas galegas e minimizar as súas consecuencias. 

No hay comentarios