Inicio Galicia A Xunta abre a nova orde de subvencións para impulsar a celebración...

A Xunta abre a nova orde de subvencións para impulsar a celebración das festas de interese turístico de Galicia

0

Destinaranse en réxime de concorrencia non competitiva máis de 300.000 euros para o apoio, promoción e difusión destas celebracións


A Xunta mantén aberto ata o 16 de xaneiro o prazo para solicitar as axudas da Xunta para o apoio, promoción e difusión ás festas de interese turístico de Galicia, para o que a Administración autonómica destinará máis de 300.000 euros.

Como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), o procedemento de concesión destas axudas será de concorrencia non competitiva por rigorosa orde de entrada no rexistro e unicamente será subvencionable un evento por concello solicitante. A Xunta subvencionará os gastos destinados coa promoción e difusión turística da festa como publicidade, cartelería, anuncios nos diferentes medios de comunicación, actuacións artísticas…

As actuacións subvencionables poderán acadar un máximo de 3.000 euros. Poderán ser beneficiarios os concellos galegos en que se celebren durante o 2020 festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Ademais, e como se indica nas bases, poderán ser beneficiarios as agrupacións que, non tendo personalidade xurídica, estean integradas por municipios en que se celebren festas con esta distinción.

Máis de 120 festasEstas axudas enmárcanse no compromiso do Goberno galego polo mantemento e impulso de celebracións como estas que, polas súas características e singularidades, axudan a converter a Comunidade galega nun destino diferenciado. A día de hoxe Galicia conta cun total de 120 festas que contan co recoñecemento de Interese Turístico de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre